¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Pozas do Río Pedrás - A Pobra do Caramiñal


POZAS DO RÍO PEDRÁS

A Pobra do Caramiñal

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Non moi coñecidas polos turistas, aínda que máis sabidas polas xentes do lugar, en medio da natureza desta vila mariñeira atopamos as piscinas naturais do Río Pedrás. Un enclave de ensoño no curso alto e medio do río Pedrás e que se salpican ao longo do seu descenso polo monte da Curota.

Para chegar poderemos deixar o coche na rúa Virxe do Monte e continuar o camiño, de aproximadamente 2 km, a pé. Aínda que é en subida non se fai un tramo complicado e poderemos desfrutar de árbores autóctonas e das impresionantes formacións que a auga esculpe na paisaxe construída en pedra.

Para os máis aventureiros: Temos a posibilidade de desfrutar da ruta de sendeirismo coñecida como Aldeavella e que nos amosará toda a beleza dunha paraxe natural única que conta no seu inicio con varios muíños e unha antiga fábrica de luz, despois chegaremos as pozas do Río Pedrás, esta ruta continúa subindo ata cruzar unha ponte de pedra onde se unen os dous ríos que descenden de A Curota, o río Barbanza e o río San Xoán para formar o río Pedrás, e onde poderemos desfrutar das magníficas vistas da Ría de Arousa e a comarca do Barbanza. Preto de aquí se sitúan os restos do antigo convento franciscano de A Miserela, datado no século XIV. A ruta continúa a carón da subida do río San Xoán amosándonos a fervenza de A Miserela a partir da cal o camiño se complica, so apto para os máis practicados, subindo ata a parte alta de A Curota e baixando seguindo o cauce do río Barbanza.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar